Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A xustiza obriga a demoler unha vivenda no camiño da Telleira en Cesantes

RR_Noticias

Unha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ordenaba o derrube do inmoble por carecer de licencia e estar construído en zona rústica. O departamento municipal de Urbanismo remitiu xa outras denuncias á Axencia de Protección da legalidade denunciando outras vivendas que se atopan en situación semellante

Unha familia de Cesantes viuse obrigada a contratar unha empresa para derrubar a súa vivenda logo de que unha setenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ordenase a demolición do inmoble por estar construído en zona rústica e carecer de licencia.
O chalé de pedra, propiedade de Juan Carlos Pérez Míguez de 53 anos de idade, fora construído hai oito anos sen contar coas preceptivas licencias. No ano 2003, nada máis rematar a obra, o inspector do departamento municipal de Urbanismo presentou unha denuncia contra a vivenda pola súa situación irregular que foi remitida á Consellería de Medio Ambiente e Territorio. Posteriormente a Xunta ordenou o derrube da vivenda, sentencia que foi ratificada polo Tribunal de Xustiza de Galicia, logo de que o propietario da casa interpuxera un contencioso administrativo.
Dende o Concello o alcalde, Xaime Rei, asegura que son varias as vivendas que se atopan na mesma situación “aló menos 3 ou catro na zona” e que dende o Departamento de Urbanismo xa se remitiron outras denuncias á Axencia de Protección da Legalidade que é quen ten competencia para actuar ante as ilegalidade cometidas en solo rústico.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará