Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os vertidos da depuradora de Arcade impiden o marisqueo a pé

RR_Noticias

Así o denuncia o BNG quen acusa á Xunta e ao Concello de pasividade ante un problema que afecta gravemente ao principal sector económico e xerador de emprego. Solicitan a mellora das instalacións e a ubicación da depuradora lonxe dos bancos marisqueiros e das zonas de baño  

O BNG critica as constradiccións da Xunta en torno á depuradora de Arcade. Os nacionalistas lembran que logo de desbotar que existira ningún tipo de eiva na estación depuradora de Arcade, días despois declarou o fondo da ría como zona C o que supón a prohibición de comercializar o marisco que se extraia da zona aínda que pase por un proceso de depuración. Lembran que o día 8 deste mesmo mes a Consellería de presidencia trasladaba ao BNG de Soutomaior información na que negaban que existiran vertidos na zona. O portavoz de pesca do grupo parlamentario do BNG, Bieito Lobeira xunto ao responsable municipal de Soutomaior, Fernando Herrera, lembraron que xa cando se instalaron as depuradoras (EDAR de Arcade e de Comboa), expresaran a súa preocupación polo tipo de instalación escollida e as súas situacións -nas proximidades de importantes bancos marisqueiros e das zonas de baño máis frecuentadas-, por non recoller todos os vertidos que se fan ao río e á ría e por ter unhas condicións de funcionamento non asumibles, xa que recollen expresamente que en determinados casos poden realizar verteduras sen ningún tipo de depuración. “Unha preocupación que agora se traduce en que a Xunta veña de declarar unha das zonas de marisqueo como zona C, por coliformes e augas fecais”, unha catalogación que implica a prohibición de mariscar. Lobeira e Herrero lembraron que o BNG vai seguir demandando da Xunta e do Concello de Soutomaior orzamentos suficientes e calendario concreto para o saneamento integral do fondo da ría de Vigo.

Fernando Herrera BNG Soutomaior
O Bloque critica que as deficiencias na depuradora supoñan o peche do marisqueo a pé
Nova estación depuradora
Solicitan novos investimentos que solucionen o problema dos vertidos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará