Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Oitenta equipos participan no VII torneo de fútbol sala de Chapela

RR_Noticias

Os interesados ne participar no torneo que organiza o Club Arealonga F.S. en colaboración coa Concellería de deportes, teñen de prazo ata o vinderio 21 de xuño para formalizar a inscrición no teléfono 662 111339.

O Club Arealonga F.S. Chapela, en colaboración coa concellería de Deportes  organiza o VII Torneo de Fútbol Sala Chapela 2010 que se celebrará do 25 de xuño ao 4 de xullo.
No torneo, no que xa están inscritos oitenta equipos,  está prevista a participación duns 900 xogadores de categorías base e aproximadamente 450 de categorías sénior que disputarán  uns 250 partidos.
Os interesados en participar neste torneo poden formalizar as súas inscricións, ata o vindeiro día 21, chamando ao teléfono 662 111 339.
Como gran novidade este ano organízase, de xeito simultáneo, un torneo de Pro-evolution que dará comezo o día 28. Os interesados poden inscribirse na cantina do pavillón ata o día 26.
A organización establece premios para o campión, subcampión, 3º e 4º posto, equipo máximo goleador, menos goleado e trofeo a deportividade.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará