Hoxe é Martes 16 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Afectados polo AVE no Val do Maceiras estudan medidas legais contra o ruído nocturno

RR_Noticias

Contemplan recorrer aos xulgados para obrigar á empresa que executa as obras a paralizar os traballos en horario de 22:00 a 7:00 horas tal e como establece a Declaración de Impacto Ambiental  

Baseándose na declaración de impacto ambiental onde se recolle a prohibición de traballar en horario nocturno dende as dez da noite ata as sete da mañá, os veciños afectados polas obras do AVE teñen previsto recorrer aos xulgados para reclamar a súa paralización pola noite. Lembran dende a asociación que a empresa carece de calquera tipo de permiso para traballar en horario nocturno e que logo de tentar solucionar o problema ante a administración local, a Subdelegación do goberno e outros estamentos, traballan agora na vía xudicial. Ademais dos ruídos en horario nocturno, que segundo un informe elaborado polo Defensor del Pueblo superan os 50 dBA en un total de 25 vivendas que se atopan preto das obras, os veciños vense afectados tamén polo pó e o incremento de tráfico pesado pola estrada N-555 entre Redondela e Peinador ao seu paso por Negros Ademais dos problemas acústicos os veciños tamén se queixan de balsas de decantación insuficientes con vertidos ao río Maceiras que van parar á enseada de San Simón, un espazo protexido.

Julio Alonso afectados polo AVE
As queixas van dende os ruidos ata o incremento de tráfico pesado
Vía legal
Estudan recorrer aos xulgados para que a empresa acate a prohibición de realizar traballos nocturnos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará