Hoxe é Martes 23 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Dezaseis equipos disputan en Soutomaior a IV edición do torneo da “Copa do futuro”

RR_Noticias

Os equipos que disputarán a Copa do Futuro son Redondela “B”, Grupo Casa Paco 81, A. Juvenil de Lerez “A”, A. Juvenil de Lerez “B”, Arcade “A”, Arcade “B”, Verdugo “A” y “B”, Marcon Atletico, Salcedo, Figueirido, Pontecaldelas, Celtita, Victoria C.F., Unión Sampaio e Ourense.

Dezaseis equipos participan esta fin de semana no torneo que terá lugar no campo de fútbol do Salgueirón en Arcade. O programa iníciase mañá sábado ás 10:00 horas ata as dúas e xa pola tarde de catro a oito. O domingo só se xogará de mañá comezando as 9:45 e sendo a fase final ás 13:15. A cerimonia de entrega de premios celebrarase ao concluír este último encontro.
Faranse catro grupos de 4 equipos cada un, xogarán todos contra todos na xornada do sábado, clasificándose os dous primeiros de cada grupo para a fase do domingo, xornada na que se disputará os cuartos de final, semifinal e final. Os tres primeiros clasificados chegarán á final de Vigo que se disputará os días 12 e 13 de xuño. Nela participarán tamén os dous equipos que téndose clasificados no cuarto posto, teñan conseguido unha maior puntuación no campionato.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará