Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Prohibido o baño nos areais de Arealonga e Cabanas á espera de novas análises da auga

RR_Noticias

O Concelleiro de Medio Ambiente Carlos Pazos reitera a necesidade de retirar do litoral empresas como Aucosa, responsable do vertido de fuel á ría segundo a información de Augas de Galicia. E empresa conserveira enfróntase a unha multa de 450.000 euros

O edil de Medio Ambiente de Redondela, Carlos Pazos móstrase prudente sobre a posible autoría do vertido á espera de que se confirme o anunciado por Augas de Galicia quen xa onte responsabilizaba do mesmo á empresa conserveira Aucosa. Con todo, lembra que dende o Concello sempre se mostraron en contra de que se lle concedese a esta factoría a Autorización Medioambiental para desenvolver a súa actividade no litoral. Pazos argumenta que este tipo de empresas non necesitan estar afincadas na beiramar para desenvolver a súa actividade industrial polo que dende o departamento que dirixe reclama que sexan desprazadas terra adentro. Responsabilizan á Consellería por ter outorgado a Aucosa a autorización que lles permite continuar traballando preto da costa. O edil lembrou ademais que se mantén a prohibición no baño en Chapela á espera de que se realicen novas análises das augas que permitan reabrir á praia de Arealonga, que polo de agora manterá izada a bandeira vermella.

Carlos Pazos edil de Medio Ambiente
O concelleiro reitera a necesidade de retirar da beiramar empresas como Aucosa
Prohibición no baño
Arealonga permanecerá pechada ata que non se dispoña de novas análises
Rosa Quintana. Conselleira
Recibiron a confirmación de que o vertido procedía de terra na tarde noite do mércores

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará