Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Festa Medieval en Redondela

RR_Noticias

Esta fin de semana, e como complemento ás festas da Coca, Redondela celebra a terceira edición da Recreación Medieval. Na contorna da Casa da Torre celébrase o mercado, con obradoiros nos que os nenos poderán participar. As actividades complétanse cun campamento medieval, demostracións de loita de cabaleiros e tiro con arco. O prato forte será o sábado ás doce da noite co espectáculo “A Lenda da Coca”, cun dragón de 12 metros, música, lume e pirotecnia.

Os que se acheguen a Redondela esta fin de semana poderán viaxar no tempo, retrocedendo ata a Idade Media. Nos arredores da Casa da Torre celébrase esta fin de semana un Mercado Medieval, no que se dan cita artesáns e mercaderes. Pero non será só un lugar de venta de artesanía, senón que haberá tamén, obradoiros nos que opúblico poderá participar, facendo alfarería, coiro, ferrería, etc. Ademais grupos de teatro, músicos e malabares farán actuacións ó longo de toda a xornada do sábado e o domingo. As actividades complétanse cun campamento medieval, xogos de mesa, demostracións de loita de cabaleiros e tiro con arco. Ignacio Prieto-Puga, xerente da empresa Temporarius, encargada do evento, destaca que se trata dunha “recreación total”, na que os que se acheguen “poderán participar activamente”, competindo nas loitas medievais, divertíndose con xogos do Camiño de Santiago, ou practicando o tiro con arco. O espectáculo estrela desta Festa Medieval será “A Lenda da Coca”. Prieto-Puga non quixo dar detalles da escenificación, porque agarda que sexa “unha verdadeira sorpresa”, pero adiantou que contará cun dragón de grandes dimensións, música, lume e pirotecnia percorrendo as rúas da vila. A Recreación Medieval comezará o sábado ás 10.30 da mañá e continuará ó longo de todo o dia. O espectáculo da “Lenda da Coca” será ás doce da noite. O domingo continuarán as actividades medievais desde as 10.30 da mañá ata as 23.30 da noite.

Ignacio Prieto-Puga organizador
A festa contará con obradoiros nos que os nenos poderán participar
A Lenda do Dragón
O espetáculo contará cun dragón de 12 metros música lume e pirotecnia.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará