Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Reflexións sobre a explotación infantil e a historia da raia na Xunqueira

RR_Noticias

O Multiusoso da Xunqueira acolle esta tarde a proxección das curtametraxes “Stop explotación infantil”, de Diego Méndez, e “Mulleres da raia”, de Diana Gonçalves. Trátase de dous dos traballos finalistas aos premios Mestre Mateo da Academia Galega do Audiovisual que se poderán ver ás 19.00 horas con entrada de balde.

“Stop explotación infantil” é unha curtametraxe de animación no que Diego Méndez nos achega á realidade de 200 millóns de nenos que sofren explotación no mundo. Na era da globalización e as novas tecnoloxías, está lacra non só non desapareceu, nin é unha cuestión que afecte unicamente ao terceiro mundo, senón que está presente “en todos os continentes”. A man de obra infantil está presente na recolección e elaboración de café en Kenia, nas lápidas importadas da India ou no tabaco fabricado nos Estados Unidos. En 16 minutos de proxección o director convídanos a achegarnos a esta realidade co obxectivo de axitar a nosa conciencia “e darnos en que pensar”. O traballo de Diana Gonçalves, “Mulleres da raia” trasládanos a unha realidade que aconteceu e aínda acotece preto de nós. Mulleres da fronteira de Portugal e España recordan a súa experiencia como carrexadoras de mercancías clandestinas na época da ditadura salazarista e franquista. Uns anos moi difíciles e de miseria nos que o contrabando era a única maneira de subsistir. Pero a directora insiste en que o intercambio non foi só mercantil, e que trouxo consigo “unha estreita convivencia dos pobos”, e historias de solidariedade. Un documental que retrata unha época pasada, pero que “se pode trasladar perfectamente á actualidade”. De feito estes días puidemos ver ós veciños de Valença agradecendo o feito de seren atendidos nos servizos sanitarios de urxencias de Tui, despois de eliminarse esta atención no seu centro de saúde.As proxeccións encádranse na programación do departamento de Normalización Lingüística do Concello de Redondela, dentro do programa de cine en galego que se iniciou o pasado mes de marzo co ciclo “Cine de muller”. A proxección será ás 19.00 no Multiusos da Xunqueira con entrada de balde.

Diego Méndez "Stop explotación infantil"
O traballo pretende "remexer as conciencias"
Diana Gonçalves "Mulleres da raia"
Un documental sobre o pasado pero con vixencia na actualidade

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará