Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Folga no servizo de ambulancias de Redondela.

RR_Noticias

Os traballadores denuncian o incumprimento do convenio. O paro deixa o municipio con servizos mínimos. A xornada de folga comezou con incidentes, xa que durante a noite uns encapuchados picaron rodas e romperon retrovisores a varios vehículos.

Os Traballadores da empresa de ambulancias Servizos Sanitarios Santos, situada en Redondela, iniciaron na madrugada de onte unha folga indefinida en protesta polos incumprimentos do convenio en materia salarial e de prevención de riscos laborais. A protesta deixou onte con servizos mínimos aos municipios de Redondela, Baiona e Mos, onde operan os vehículos de emerxencias desta empresa redondelá, que presta servizo ao 061.
A xornada de folga comezou con incidentes, xa que a pasada noite uns encapuchados picaron rodas e romperon retrovisores a varias ambulancias na base, no barrio de Costeira, en Quintela, segundo explicou o representante sindical CC OO na empresa, Luís Ronquete. Tamén a acción dos piquetes impediron nalgúns momentos a saída das ambulancias da base, polo que desde o 061 deuse aviso á Policía Nacional para evitar a retención dos vehículos.
Luís Ronquete xustifica a mobilización pola falta de pagamento dos atrasos derivados do cambio ao novo convenio e, en materia de prevención, denuncia que hai traballadores que non contan coa vestimenta necesaria e que, ademais, non se está realizando o servizo de lavandaría dos uniformes.
Desde o comité de folga explicaron que os Servizos Sanitarios Santos forma parte dunha UTE á que o 061 ten adxudicados os servizos. Con todo, apuntan que a empresa non quere seguir facendo o servizo. O delegado da CIG, Daniel Seoane, indica que dos 32 empregados que conforman o persoal, vinte traballadores desenvolven servizos para 061 e outros doce fan outros servizos programados; polo que, si o empresario presenta a súa renuncia, está a darse “unha separación de empresa en toda regra”.Ademais, Seoane destacou que a empresa tamén lles anunciou que non pode garantir que cobren a próxima nómina, debido ás dificultades económicas que está a atravesar.
Pola súa banda, Luís Ronquete reclama que se solucione” o conflito e lembra que “é un servizo público que a Administración está a pagando. Por último acusou ao 061 de non terse preocupado das condicións laborais dos traballadores da compañía.
Os sindicatos CC OO e CIG convocaron para hoxe, ás 11.00 horas, unha concentración de protesta ante a sede do Sergas en Vigo.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará