Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Arranca en Negros e Saramagoso un obradoiro de alimentación saudable e cociña

RR_Noticias

Os centros parroquiais de Redondela acollerán durante as vindeiras semanas esta actividade organizada pola Concellería de servizos sociais. O obxectivo e promover hábitos saudables entre os cativos

En dúas sesións de hora e media cada unha, nenos e nenas de entre 4 a 12 anos aprenderán a elaborar pratos sinxelos e coñecerán as virtudes da cociña tradicional e do consumo de froitas e hortalizas. Así, algúns dos pratos que se prepararán son pizzas de atúns, bocadillos vexetais ou unha brocheta de froita con chocolate. Pero ademais de coñecer os beneficios dunha alimentación saudable tamén descubrirán o pracer de compartir o traballo na cociña O obradoiro impartirase nos centros culturais que están a gozar xa dos servizos da ludoteca itinerante que percorre as parroquias dende marzo ata xuño.

Mª Jesús Bendaña aula Sísifo
O obxectivo é que os nenos se acheguen á cociña saudable
Compartir tarefas
Un xeito de que nenos e nenas se acheguen por igual á cociña

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará