Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Xaime Rei séntase este xoves no banco dos acusados por presunta prevaricación

RR_Noticias

A Fiscalía solicita 9 anos de inhabilitación para o alcalde e o edil de urbanismo, Emilio González por presuntas irregularidades na contratación dunha obras de reforma nas rúas Alfonso XII, Ribeira e Xeneral Rubín

O xulgado do Penal número 1 de Vigo celebra estres xoves o xuízo polas presuntas irregularidades cometidas polo alcalde Xaime Rei, e polo concelleiro de urbanismo Emilio González Iglesias na contratación dunhas obras executadas no ano 2007. O Fiscal solicita para ambos os dous políticos 9 anos de inhabilitación por un presunto delicto de prevaricación por adxudicar uns traballos de renovación do saneamento nas rúas Alfonso XII, Ribeira e Xeneral Rubín sen acudir a un procedemento público de adxudicación – ditas obras foron adxudicadas á empresa que xa estaba a realizar os traballo de humanización- e por recorrer a un recoñecemento extraxudicial de crédito por importe de 799.531 euros pese ao informe negativo do interventor municipal quen advertía da súa ilegalidade. Xaime Rei xustificou este procedemento alegando que o recoñecemento extraxudicial de créditos para realizar obras urxentes é unha práctica normal en todos os concellos e máis en casos como o que agora está nos xulgados onde foi necesario incrementar o orzamento nas obras de humanización porque de xeito imprevisto foi necesario cambiar a rede de saneamento, de abastecemento de auga e de recollida de pluviais.  O edil de urbanismo explicaba que non se cometeron irregularidades “nin na concesión das obras que se adxudicaron á empresa que xa estaba a facer os traballos por tratarse dun modificado do proxecto orixinal que non alcanza o 20% nin tampouco no recoñecemento do crédito”. A Fiscalía pola contra entende que adxudicar ese traballos sen acudir a un procedemento público de adxudicación podería ser constitutivo dun delicto de prevaricación así como o feito de utilizar o recoñecemento extraxudicial de créditos para pagar as mencionadas obras, motivo polo que este xoves os dous representantes do PSOE terán que pasar polo xulgado.

Xaime Rei
o alcadle entende que foi un exercicio de responsabilidade acometer as obras que agora os levan aos xulgados
Emilio González Iglesias
O edil de urbanismo asegura que non houbo irregularidades

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará