Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Arcade viaxa ó campo do Castrelos en busca de puntos para salvar a categoría

RR_Noticias

A vitoria sobre o Moaña déixaos na 15º posición da táboa, con catro equipos por baixo deles. Agora o obxectivo é colleitar un resultado positivo en Castrelos. Mentres o Arcade B, na Terceira Autonómica, xogará o derbi local no campo do Soutomaior.

Os de Jacobo Montes viaxan o domingo a Castrelos co obxectivo de sumar algún punto que lles permita escapar dos postos baixos da táboa. Agora, despois da vitoria co Moaña, son 15º na táboa, e teñen catro equipos por baixo deles. Son “pequenos pasos”, como nos apuntaba o presidente do club, Daniel Álvarez, camiño a garantir a permanencia na categoría de Primeira Autonómica. O maior problema do equipo, segundo Álvarez, é a “falta de gol” do equipo nun grupo no que a clasificación está “moi axustada”. En canto ó rival o presidente fala con respecto do Castrelos, pero explica que unha posición superior na clasificación, a estas alturas de liga, non é significativo. Mesmo pensa que lles pode favorecer, xa que os equipos que están en postos de descenso “xóganse a vida”, mentres que os que están como o Castrelos na metade da clasificación están “máis relaxados”, xa que non teñen nin opcións de ascender nin de descender. Por outra banda na Terceira autonómica o Arcade B disputará o derbi local no campo do Soutomaior. Daniel Álvarez anima ós afeccionados a presenciar o que cualificou como un “partido bonito e de rivalidade”, no que desexou que “gañe o mellor”.

Daniel Álvarez presidente
O presidente apunta á falta de gol como o maior problema do equipo
Arcade-Castrelos
Álvarez agarda atoparse cun Castrelos relaxado
Soutomaior-Arcade
O presidente anuncia que será un fermoso derbi

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará