Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Unha exposición permanente percorre á vida, historia e construcción do Castelo de Soutomaior

RR_Noticias

A mostra que abre as súas portas ás doce do mediodía de hoxe martes, enmarca esta importante edificación da Galicia medieval no seu contexto histórico facilitando a compresión de cómo se facían as cousas nese período histórico
 

A exposición permanente que se pode ver a partir de hoxe no Castelo de Soutomaior fai un percorrido pola historia dun dos fortes máis importantes da Galicia medieval e está formada por varias salas cada unha das cales constitúe un bloque temático.
Todos os bloques están situados nun espazo diferenciado dentro do castelo, agás o bloque 7, titulado “O mundo da guerra nun Castelo Medieval” que ocupa as tres plantas da torre e os textos dos exteriores que están na parte de fora do castelo. A planta baixa deixase libre para poder albergar usos múltiples.
O presidente da Deputación, Rafael Louzán, inaugurará ás 12:00 horas esta mostra acompañado do alcalde da localidade, Agustín reguera, e do dúo de chelo e guitarra  formado por Plamen Velev, de orixen búlgaro, e Javier Abraldes, veciño de Santiago de Compostela; actuación ofrecida e patrocinada polo Xacobeo.
Limpeza das praias
Por outra banda comezaron xa os traballos de reposición de area nas praias do Peirao, Matilde, A Xunqueira e Veiguiña Longa e espérase que estean finalizados antes deste xoves un de abril.
A Concellería de Vías e Obras de Soutomaior vén de por en marcha o proxecto de Mellora Ambiental das Praias que contará cun orzamento de 39.643 euros do Fondo Estatal para o Emprego e a Sustentabilidade Local do Plan E. Os traballos permitirán, ademais de arranxar os datos causados polos últimos temporais nos areais do concello, limpar e acondicionar os areais así como dotalos de nova area provinte do Río Miño. Ante a proximidade das vacacións de Semana Santa, que este ano coincide coa XXIV edición da Festa da Ostra, o concello decidiu acelerar os traballos para que estean finalizados antes do xoves desta semana e así os milleiros de persoas que se esperan visiten a comarca neses días poidan gozar delas se o tempo acompaña.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará