Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco fai un chamamento á afección para que os arroupe no partido co Marín en Santa Mariña

RR_Noticias

Os redondeláns perderon o liderado o pasado domingo, ó empatar en Barreiro, pero están dispostos a loitar “ata o final” para volver a encabezar a clasificación. Co obxectivo da permanencia cumprido, agora o reto é facer realidade o soño do ascenso a Terceira.

Preferente Autonómica Non hai descanso de Semana Santa para os xogadores do Choco. Esta semana adestran, como calquera outra, e o domingo disputarán en Santa Mariña un encontro diante dun rival complicado, o Marín. Cunha ollada á clasificación podería dar a falsa impresión de que se trata dun equipo frouxo, na metade baixa da táboa. Pero Julio Álvarez non se fía. Asegura que se trata dun equipo “moi duro”, e que aínda que empezou mal a liga, nos últimos partidos gañoulle a moitos dos conxuntos da parte alta da táboa. Por iso pide o apoio da afección que para o adestrador será “fundamental”. En canto ós obxectivos de cara a final de temporada (restan nove xornadas), o técnico é rotundo. O que se buscaba a principio de temporada era a permanencia, e iso está “máis que cumprido”. Pero non renuncia a nada, e o reto agora é facer realidade o soño do ascenso a Terceira.

Julio Álvarez adestrador
O ascenso é un soño alcanzable para o Choco
Choco-Marín
Álvarez agarda un duro rival en Santa Mariña

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará