Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

28 traballos participan no Concurso de Maquetas Millo Verde

RR_Noticias

Catro grupos de Redondela participan tamén no concurso: Beatus Ille, Marxe Esquerda, Retroblues e Tok. O gañador sairá dunha festa concerto que se celebrará o vindeiro 16 de abril.

Rematado xa o período de recepción de traballos foron un total de 28 os grupos de toda a comunidade que participarán na III edición do Concurso de maquetas que convoca o colectivo Millo Verde.
Entre os participantes atopamos a catro grupos de ámbito local: Beatus Ille, Marxe Esquerda, Retroblues e Tok, quen entran agora xunto co resto das maquetas no proceso de selección de traballos. De entre todos os recibidos elixiranse un total de tres finalistas que participarán nunha festa concerto prevista para o vindeiro 16 de abril. De entre os tres finalistas elixirase o gañador do concurso mediante votación entre os asistentes a dito concerto.
Dende a organización destácase que o “número, a diversidade de estilos e procedencias e, sobre todo, a calidade das maquetas presentadas veñen a consolidar definitivamente ó certame e serven de excelente introducción para todo o que nos espera neste cuarto Millo Verde.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará