Hoxe é Luns 14 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco frea en Sanxenxo e a cabeza da táboa apértase

RR_Noticias

Sanxenxo 2- 0 Choco. Os de Julio Álvarez mereceron mellor resultado no Revel, pero non houbo sorte de cara á portería. Manteñen o liderado pero recórtase a distancia cos seus seguidores. Mentres o derbi da Segunda Autonómica resolveuse co vitoria para o Chapela, e con goleada, sobre o Candéan. Os de Luis Ferreira aséntanse así na segunda praza do seu grupo. 

Preferente Sur
Sanxenxo 2 – Choco 0
 
O Sanxenxo sorprendeu ó líder, e a derrota dos redondeláns aperta a situación na cabeza da táboa. Os goles de Cuchi e Iglesias servíronlle ó equipo local para facerse cos tres puntos no campo do Revel. O Choco mereceu máis, na segunda metade puideron recortar distancias, pero non tiveron sorte os de Julio Álvarez. O Sanxenxo saiu a buscar a vitoria para meterse na loita polo ascenso, e conseguiuno. O técnico local, Calucho, apostou pola precaución cunha forte defensa, máxima presión no centro do campo, para evitar as perigosas chegadas de Aitor Gómez. O Choco foi máis atrevido, Julio Álvarez apostou polo dominio do balón e a entrada polas bandas. Nos primeiros minutos Molinos puido adiantar ós redondeláns, pero o disparo saiu por alto.. E no minuto 20 era o Sanxenxo o que se adiantaba no seu primeiro achegamento á area. No minuto 36 Aitor Gómez puido facer a igualada, pero a súa vaselina salvouna Adrián baixo os paus. E chegou o segundo tanto local. Fernando Aguín sacou unha falta e Iglesias rematou ó fondo da rede. Antes do descanso Manuel Lojo puido recortar distancias pero o disparo foi por alto. O Choco arriscou e quedou cunha defensa de tres homes. No segundo tempo houbo varias ocasións para recortar distancias, pero non houbo sorte, disparos ó pau e intervencións do porteiro local fixérono imposible. Os redondeláns perden así unha boa oportunidade para escapar na clasificación, mentres que o Sanxenxo súmase ós candidatos ó ascenso.
Agora o Choco mantén o liderado, pero só cun punto de vantaxe sobre o segundo clasificado, o Portonovo. O próximo domingo defenderán o liderado no campo do colista, o Nogueira.
 
Primeira Autonómica
Arbo 2- Arcade 1
 
O Arcade complica a súa situación na táboa ó caír no campo do Arbo. Os dous equipos precisaban dos puntos xa que están na parte baixa da táboa, pero os locais conseguiron facerse coa vitoria, e agora están a tan só 1 punto do Arcade. O resultado de 2-1 deixa ós de Daniel Álvarez nunha situación complicada, no posto 15º. O próximo domingo o Arcade recibe ó Unión Grove, equipo nunha situación aínda máis complicada cos de Soutomaior, son 17º, e suman 2 puntos menos que o Arcade. Partido decisivo, polo tanto, o que nos agarda na próxima xornada xa que os dous combinados teñen moito en xogo e precisan dos punto para garantir a súa supervivencia na categoría.
 
Segunda Autonómica
Chapela 4- Candeán 0
 
O derbi saldouse cunha vitoria contundente do Chapela, que esmagou literalmente ó Candeán. Os tres puntos, e a goleada por 4-0, sérvelle ós de Luis Ferreira para seguir soñando co ascenso, xa que desde a súa segunda praza na táboa ven ós terceiros, o Ribera, a catro puntos de distancia. Un fermoso encontro, o disputado en Chapela, que supón todo un premio para un equipo e unha afección que están a vivir unha espléndida temporada, con resultados moito mellores dos que se agardaban nun primeiro momento. Con esta positiva situación viaxan o próximo domingo ó campo do San Miguel, equipo da metade da táboa.
 
Terceira Autonómica
Cerponzóns 1- Cesantes 1
Reparto de puntos no campo do Cerponzóns. O resultado deixa ó Cesantes na metade alta da táboa, son 7º. O domingo reciben na casa á Seca, equipo co que están igualados a puntos.
 
Soutomaior 5- Caroi 3
Vitoria para o Soutomaior nun encontro con moitos goles e onde os locais foron superiores. O Soutomaior conserva así a 3ª praza do seu grupo, con 49 puntos. O próximo domingo teñen un rival dos que, a priori, se considera asequible, xa que xogan en Marín, co filial, equipo da parte baixa da táboa.
 
Bahía 1- Arcade B 0
O filial do Arcade caiu pola mínima diante dun dos equipos máis fortes da categoría. Unha derrota que os leva á metade baixa da táboa. Poida que teñan ocasión de mellorar a súa situación o próximo domingo, xa que tamén se enfrontan a un rival de menor entidade, ou, a lo menos, peor situado na táboa, xa que reciben ó Praderrei, terceiros pola cola.
 
Vilar1-Choco B 1
Reparto de puntos para o filial do Choco que non conseguiu máis que un empate no campo do colista. Os de Redondela con este resultado mantense na metade alta da táboa. O próximo domingo xogarán con outro dos equipos da parte baixa, o Candeán B, penúltimo da clasificación.
 
O Condado 3- Nespereira 1
Os de Pazos de Borbén non levantan cabeza. Seguen como colistas do grupo e só suman 6 puntos, aínda que a súa imaxe no terreo de xogo vai mellorando. O domingo reciben ó Arbo B, equipo tamén da parte baixa da táboa
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará