Hoxe é Martes 23 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

65 de cada cen persoas desempregadas en Redondela son mulleres

RR_Noticias

Con datos como estes a Concellería de igualdade quere facer un chamamento á reflexión no día Internacional da Muller. Ás doce do mediodía terá lugar unha declaración institucional e unha concentración diante do Concello

O ámbito laboral reflicte en Redondela a situación de desigualdade das mulleres que sofren en maior medida o impacto da crise. Así o número de persoas desempregadas no municipio no mes de xaneiro era de 2.594 das que un 64 % son mulleres e un 36% homes. A porcentaxe de mulleres en paro supera polo tanto nun 27% ao dos homes que se atopan na mesma situación.
Con todo, o número de contratacións no mesmo mes foi máis favorable co sector masculino, xa que se realizaron 415 contratos a homes fronte aos 402 empregos atopados por mulleres.
Ante esta situación de desigualdade que se segue a dar en diferentes ámbitos da vida cotiá, dende a Concellería de Servizos Sociais e Igualdade fan un chamamento tanto a homes como a mulleres para que acuda no mediodía de hoxe á concentración que terá lugar diante da Casa Consistorial co gallo da conmemoración do Día internacional das Mulleres.
Con esta cita arrancan outras actividades que se desenvolverán ao longo do mes e que inclúe cursos, proxección de curtametraxes, mesas redondas e conferencias polas parroquias.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará