Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Canario recupera o liderado con dúas vitorias na fin de semana

RR_Noticias

O Cathering logrou onte un triunfo importante na súa visita á Coruña. Os de Chapela completaban así unha fin de semana de éxitos xa que o sábado conseguían tamén un triunfo ante o Puerto de la Cruz.

O primeiro dos partidos disputados polo Canario foi o sábado no pavillón de Chapela, encontro no que derrotaron e golearon ao equipo de Tenerife por 40 goles a 20.
Os de Fran Teixeira desprazáronse con ánimos renovados á Coruña na xornada de onte domingo para disputar por fin un encontro que tivera que ser aprazado por mor da folga dos traballadores das instalacións deportivas.
A rivalidade era máxima xa que os dous equipos pelexaban por estar nos postos altos da táboa, pero a superioridade dos de Chapela fíxose notar e o partido rematou co resultado de 26-30 a favor dos de Redondela.
Na vindeira fin de semana o Catering xoga na casa do Cafés Toscaf, equipo que se atopa nos postos medios da clasificación
Tamén na metade da táboa atopamos á SAR, equipo que non foi quen de vencer o partido que disputaron en Bueu. Encontro ante o Gaeva e que rematou en táboas, con empate a 25 goles, a pesar de que boa parte do partido foi dominado pola SAR quen non conseguiu rentabilizar o seu xogo. Na vindeira xornada xogan na bomboneira onde reciben ao Base Oviedo

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará