Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Positivas, unha asociación por e para as mulleres

RR_Noticias

A entidade, que aproveitou o día da muller para presentarse publicamente, nace co obxectivo de ofrecer recursos e servizos que favorezan á integración da muller, atendendo á realidade específica de Redondela

Positivas, creada neste ano, é unha entidade que traballa na defensa dos dereitos das mulleres, co obxectivo de fomentar a súa participación como axentes activos necesarios para favorecer un cambio social que fomente a igualdade.A asociación persegue ofertar recursos e servizos que favorezan polo tanto a integración da muller non só laboral senón tamén socialmente, con especial atención á realidade local. Entre as actividades concretas que se propoñen desenvolver nos vindeiros meses inclúen cursos de formación e recursos que apoien ás veciñas de Redondela Como primeira actividade, Positivas organizou unha campaña para conmemorar o Día Internacional da Muller, que busca sorprender e facer reflexionar á cidadanía sobre as condicións reais en que viven as mulleres. Esta primeira actividade, en colaboración coa Concellaría de Servizos Sociais e Igualdade, presta especial atención a datos que poñen en evidencia as diferencias que a nivel mundial sofren as mulleres en ámbitos como o educativo ou o sanitario. Pero sen deixar de lado datos concretos do noso concello que poñen de manifesto como a crise está a afectar de xeito singular ao sector feminino, xa que a porcentaxe de mulleres desempregadas supera nun 27% a porcentaxe de homes parados

Sandra Alonso Plata Positivas
Unha asociación para fomentar a integración das mulleres
Cristina Piñeiro crise
As mulleres está a verse máis afectadas pola crise
Carencias en Redondela
Recursos para facilitar que as mulleres concilien vida laboral e familiar

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará