Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco mantén o liderado a pesares da derrota co Cruceiro

RR_Noticias

Os de Redondela reaccionaron tarde e non deu tempo á remontada, despois de que o Cruceiro se adiantase no marcador xa no minuto 8. No resto de categorías os resultados dos equipos locais foron dispares. Con todo, manteñen a mesma situación na táboa que na xornada anterior.

 
Rexional Preferente-  Choco1-Cruceiro2-   O Choco deixou escapar unha boa oportunidade de despegarse dos seus seguidores na xornada de onte domingo. O que si soubo aproveitar moi ben as súas oportunidades foi o Cruceiro, que se adiantou xa no minuto 8, despois dun saque de banda pola dereita que lle permitiu a Oscar García poñer o 0-1 no marcador. Os de Redondela seguiron atacando, e estiveron moi en riba da portería do Cruceiro, pero a defensa visitante estivo moi ben colocada e fixo imposibles os intentos choqueiros. A segunda metade comezou tamén con ataque local, cunha clara oportunidade no minuto 70 de Gorka, ó que respondeu o porteiro do Cruceiro cunha impresionante parada. Cando semellaba que os redondeláns igualarían o encontro en calquera momento, un córner dos de Hío, no minuto 75, deixaba ó Choco case sen opcións, cando Fandiño, libre de marca, anotaba o 0-2. Con todo os de Julio Álvarez non se renderon e seguiron tentando a remontada. E no minuto 80 chegaba o 1-2 cun gol de Aitor Gómez. Os últimos minutos foron un ataque sen descanso do Choco sobre a portería rival, pero non houbo sorte para os locais, e o marcador xa non se moveu. Unha mágoa, xa que se trataba de tres puntos importantísimos para os redondeláns, xa que poderían ter marcado moitas distancias cos seus seguidores.
Deste xeito o choco non perde o liderado, pero só cun punto de vantaxe sobre o segundo clasificado, o Arenteiro.  Na proxima xornada visitarán o campo do Sporting Celanova, un dos equipos da parte baixa da táboa.
 
Primeira autonómica
Arcade 3- 3 Domaio. Empate e moitos goles no encontro disputado polo Arcade en Domaio, con resultado de 3-3 no marcador. Unha gran remontada do Arcade fixo posible a igualada, xa que os locais chegaron a estar con 3-1 no marcador. o Arcade mantén así a súa posición na táboa, son 15º. Na próxima xornada terano máis complicado, desprázanse ó campo do líder, o Nigrán.
 
Segunda autonómica
As Neves 0-1 Chapela. O Chapela conseguiu unha vitoria a domicilio no campo das Neves. Con este resultado o Chapela é segundo do seu grupo . Na próxima xornada recibirán ó Sárdoma, terceiro clasificado do grupo, que está a 4 puntos dos redondeláns. Este encontro servirá polo tanto, ben para acurtar moito esta distancia, ou para que o Chapela deixe xa descolgado ó 3º da táboa.
 
Terceira autonómica
Campelo 3-0 Cesantes. A derrota, con todo, deixa ó Cesantes na mesma posición,
no 7º posto da táboa, e preparan xa no seu campo a visita do Gondar. Sen dúbida un duro rival, actualmente 2º clasificado do seu grupo.
 
Soutomaior 4-0 Santomé . Goleada do Soutomaior, o que lle permitiu seguir no 3º posto da táboa, iso si, empatado xa a puntos co segundo, o Vilaboa.
E foi precisamente grazas ó Arcade, que arrincou un empate a 1 gol no campo dos de Vilaboa. Empate que lle serve ó Arcade para manterse na metade da táboa.
Na próxima xonrada o Soutomaior descansa e o Arcade recibirá a outro equipo veciño, o Sampaio, actuamente algo mellor situado que os de Soutomaior, con 4 puntos máis.
 
Choco 1-2 Lavadores. Con esta derrota o Choco cae ó 6º posto da táboa. Na próxima xornada xogarán no campo do Valladares, equipo situado na metade baixa da táboa.
 
Progresistas 5-0 Nespereira. Perdeu e por goleada o Nespereira. Xa sabían que era un campo complicado, o do segundo clasificado, que agora grazas á vitoria sobre os de Redondela está empatado a puntos co lider. O Nespereira, último clasificado, recibirá o
Crecentense, 4º da táboa.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará