Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Ferido grave un home de 42 anos no serradoiro de Cesantes

RR_Noticias

O accidente producíase ás 12:30 horas do sábado cando o traballador quedaba atrapado pro un brazo nunha trituradora de madeira na empresa Pazos Domínguez. Foi necesaria a intervención dun retén do Grumir para liberar ao ferido

Un home de 42 anos de idades resultou ferido grave nun accidente laboral que se producía na xornada do sábado ao quedar atrapado por un brazo nunha trituradora de madeira.
O accidente producíase, segundo información do Grumir, ás 12:30 horas do sábado nas instalación da empresa Pazos Míguez de Cesantes cando por causas que se descoñecen o operario quedou enganchado polas coitelas da máquina na que estaba a traballar a uns cinco metros de altura.
Ata o lugar desprazouse un retén do Grumir que tivo que empregar un equipo de excarceración para liberar ao traballador, quen foi trasladado nunha ambulancia hospitalizada ao hospital Xeral.
O ferido, E.E.L. foi intervido de tres fracturas no cúbito e no radio.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará