Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Urbanismo solicita que se poida edificar a 100 metros da costa en Cesantes

RR_Noticias

O concello defende que nas zonas de Soutoxuste e Rande a liña de edificación a marque a estrada nacional, aínda que iso supoña permitir que se levanten vivendas a menos de 200 metros do litoral, e que na parroquia de Cesantes se poida construír edificacións brandas a partir dos cen metros.  

Cando aínda está en vigor a prohibición de construír nos primeiros 500 metros de costa, tal e como aprobara de xeito provisional o goberno bipartito e a espera de que o goberno de Feijoo aclare exactamente que zonas quedarán protexidas coa nova Lei do Litoral, en Redondela o Concello fai a súa proposta. Así, o Concelleiro de urbanismo, Emilio González Iglesias percorreu o litoral redondelán xunto co Director Xeral de Calidade Ambiental e técnicos da Xunta co obxectivo de que o goberno galego recolla as características específicas do noso municipio en materia urbanística. Casos concretos como os de Soutosuxte e rande, nos que a Concellería de urbanismo propón que a liña de edificación a marque a estrada nacional – a N-550 no caso de Soutoxuste e a N-552 no caso do barrio de Rande- o que supón rebaixar a protección a menos de 200 metros. Situación semellante é a que afecta a Cesantes, nese caso dende o concello proponse protexer os primeiros 100 metros da costa e permitir a construcción a partir dese límite. As restriccións centraríanse en permitir tan só “as edificación brandas e que en ningún caso superen a altura da liña de ferrocarril para evitar que se convertan nunha pantalla”.

Emilio González edil de urbanismo
O Concelleiro propón que se permita construir a partir dos 100 metros en Cesantes
Rande e Soutoxuste
As estradas nacionais deberían marcar a liña de edificación ao entender do concello

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará