Hoxe é Xoves 18 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A obra do redondelán Lino Lago na Feira de Arte Contemporáneo de Vigo

RR_Noticias

A galería Factoría Compostela leva ao Espacio Atlántico do Ifevi dúas obras do pintor actualmente afincado en Lituania

O artista redondelán actualmente afincado en Lituania, Lino Lago participa con dúas das súas obras pictóricas na Feira de arte Contemporáneo bautizada agora como Espacio Atlántico. O IFevi acolle ata o 17 de xaneiro un amplo número de galerías galegas e portuguesas. Entre esas galería atopamos  Factoría Compostela encargada de presentar as pinturas de Lago neste espacio. Un artista que dende os seus inicios apostou claramente polo mundo do arte e que a día de hoxe conta xa cun amplo currículo avalado pro premios cómoa recente Mención de honra no XXIV Premio BMW de Pintura. Lino Lago valora positivamente as feiras de arte como espazos nos que darse a coñecer e entrar en contacto con outros artistas e galeristas así como co potencial comprador. Satisfeito coa situación actual do mercado, asegura que en España existe unha tradición artística que dificilmente se pode atopar noutros países.

Lino Lago
O pintor fálanos da súa participación no Espacio Atlántico
Mercado
Lago entende que a tradición favorece a existencia dun entramado comercial en torno á pintura

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará