Hoxe é Domingo 8 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Jesús Mariño gañador do premio de 500 euros mensuais do comercio local

RR_Noticias

O afortunado foi agraciado no sorteo que se celebrou na mañá de hoxe na Asociación de Empresarios de Redondela. A papeleta gañadora fora selada no comercio Muebles Domínguez

Xa se coñece quen será o afortunado que durante os vindeiros seis meses poderán gastar 500 euros mensuais nos establecementos comerciais da vila sen desembolsar un euro do seu peto. O sorteo celebrouse na mañá de hoxe na sede da Asociación de Empresarios e o premio foi para unha papeleta selada no comercio Muebles Domínguez por Jesús Mariño.
Este premio forma parte da campaña de promoción do comercio local que a Asociación de Empresarios celebrou nas pasadas datas e que tiña pro obxecto premiar a fidelidade dos clientes do comercio redondeláns. O afortunado nos próximos 6 meses non terá que preocuparse de cómo pagar as súas compras sempre e cando as realiza nalgún dos comercios asociados nos que poderá investir ata un máximo de 500€ ao mes.
A entrega do vale para o mes de xaneiro farase efectiva o vindeiro luns na sede da Asociación de Empresarios de Redondela.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará