Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG leva ao Parlamento a invasión de ratas no porto de Arcade

RR_Noticias

Bieito Lobeira e Teresa Táboas presentan unha pregunta relativa ás medidas que adoptará Portos de Galicia para a desratización das instalacións portuarias

O BNG vén de levar ao Parlamento galego a insalubridade na que se atopa o peirao de Arcade, ante a proliferación e invasión de ratas. O deputado Bieito Lobeira e a deputada Teresa Táboas presentaron unha pregunta para a súa resposta escrita relativa ás medidas que se adoptarán para a desratización do porto e da lonxa.
A Asociación de Naseiros “Alvedosa” denunciou hai uns días publicamente a situación extrema á que se está a chegar, xa que ademais de supoñer un evidente problema de saúde pública, a presenza de numerosas ratas implica un forte impacto sobre a actividade pesqueira que se desenvolve desde estas instalacións portuarias.
As ratas roen e devoran as nasas e os aparellos das embarcacións, provocándolles importantes danos e mesmo inutilizándoas. De aí que os naseiros sufran prexuízos económicos. E é que hoxe en día este colectivo non dispón de ningún tipo de nave ou instalación no que almacenar e protexer os seus aparellos.
Ante a situación, Lobeira e Táboas preguntan que medidas ten previsto adoptar o ente público Portos de Galicia para desratizar a lonxa e o porto de Arcade e en que prazo concreto se farán efectivas devanditas medidas. Tamén interpelan o organismo acerca de se é consciente de que a actual situación se converte nun problema de saúde pública e de que significa tamén un duro impacto económico sobre o colectivo de naseiros.
Por último, os parlamentarios nacionalistas interpelan o ente público sobre se ten previsto dotar os naseiros de instalacións portuarias nas que gardar e protexer os seus aparellos e material.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará