Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A piscina pechada por folga ata o mércores

RR_Noticias

Os traballadores reclaman un convenio colectivo e unha suba salarial que lles permita cobrar mil euros mensuais no ano 2012 xa que segundo os sindicatos, a categoría máis numerosa cobra actualmente 733 euros ao mes.  

A folga dos operarios de piscinas, instalación e clubs deportivos afecta tamén ás instalacións de Redondela que estarán pechadas ata o mércores. Unha xornada na que os operarios decidiron regresar ao traballo como xesto de vontade negociadora á espera de que a reunión convocada polo Consello Galego de Relacións Laborais coa patronal dea algún froito que permita desconvocar a folga indefinida prevista para o 1 de febreiro. Este é o terceiro parón protagonizado polos traballadores destas instalacións, quen demandan un convenio colectivo que inclúa melloras salariais que lles permitan chegar aos 1000 euros mensuais no 2012 con dúas pagas extra. Tamén reclaman outro tipo de melloras como una regulación na xornada laboral, suxeita a disponibilidade que dificultan a conciliación da vida laboral e familiar así como melloras na xestión das incapacidades transitorias. O representante dos traballadores en Redondela, Pablo Muíños confía en que a boa vontade de sindicatos e traballadores permita achegar posturas. No caso de non chegarse a acordos a folga será indefinida a partir do 1 de febreiro. Os traballadores manifestaranse mañá diante do concello e repartirán folletos nos que trasladarán aos veciños as súas demandas dun xeito pacífico

Pablo Muiños
Os traalladores anuncian unha folga indefinida se non se achegan posturas antes do 1 de febreiro
Negociacións
Os traballadores desconvocaron o paro do mércores para facilitar as negociacións

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará