Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un redondelán entre as tres vítimas mortais do accidente de tráfico no Morrazo

RR_Noticias

Tres persoas faleceron na tarde de onte nun brutal accidente que se producía no corredor do Morrazo ao seu paso pola parroquia moañesa de Meira cando impactaron tres vehículos, Un deles incendiouse e os seus ocupantes morreron carbonizados. As vítimas son de Redondela, Vigo e Cangas

Tres persoas faleceron onte a consecuencia dun choque frontal no que se viron implicados dúas furgonetas e un turismo. O sinistro ocorreu sobre as 17:30 horas cando unha furgoneta Opel Combo colidiu frontalmente contra unha Citroen Jumper. No primeiro dos vehículos ía so un condutor, un mozo de cangas de 20 anos de idade, quen faleleceu a consecuencia do impacto. Na Citroen Jumper ían dúas persoas, un veciño de Redondela C.G.P. de 42 anos de idade e G.F.P. de 45 anos e residente en Vigo, ambos os dous faleceron carbonizados.
Aínda que se descoñecen os motivos da colisión todo apunta a que presuntamente a Opel Combo terían invadido o carril contrario sen motivo aparente, xa que non estaba adiantando. A outra furgoneta non puido esquivar o vehículo e acabaron colidindo frontalmente.
No sinistro resultou ferida tamén a condutora dun terceiro vehículo, un Mercedes C220 quen circulaba en sentido Vigo detrás da Citroen Jumper e colidiu tamén contra as furgonetas, aínda que a única ocupante tan só sufriu feridas leves.
O accidente obrigou a pechar o tramo da vía durante máis de tres horas. O tráfico quedou normalizado pasadas as nove da noite.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará