Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PP propón un aparcamento provisional nos terreos do auditorio da Marisma

RR_Noticias

Afirman que a zona na que está previsto construir o auditorio “está infrautilizada e en situación de abandono” e que a creación dunha zona de estacionamento nese solar resolvería a insuficiente dotación de prazas existentes na vila
 

Os populares redondeláns entenden que a escaseza de aparcamento está a provocar unha situación de “caos diario” no centro da vila, motivo polo que fan un chamanento ao goberno local para que se habilite provisionalmente como zona de aparcamento os terreos onde está previsto construír o auditorio de A Marisma.
Dende o PP, acúsase ao bigoberno de ser os culpables do que cualifican “grave problema de aparcamento na vila” xa que entenden que se debe á falla de planificación por parte dos gobernantes locais. Entenden que a solución pasa por habilitar como aparcamento os “terreos nos que se ubicaría o tan prometido Auditorio de A Marisma” motivo polo que instan ao goberno local a que solicite os permisos correspondente para “habilitar a zona como un aparcamento para os centos de persoas que acoden diariamente a Redondela e se atopan con esta situación
Os populares propoñen tamén acondicionar unha área contigua ao Instituto de Formación Profesional para que poidan estacionar alí os vehículos dos usuarios do centro, así como tamén os autobuses, deixando baleiras as prazas de aparcamento que estes ocuparían noutras zonas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará