Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco defenderá o liderado en Celanova

RR_Noticias

O equipo redondelán non descarta chegar ao final da liga loitando polo ascenso, aínda que desde o club son moi prudentes, e insisten en que o obxectivo marcado desde o inicio de tempada é o de manter a categoría.  

Rexional Preferente  O Choco desprázase o domingo para defender o seu liderado diante do Sporting de Celanova. Unha victoria sería moi importante para manter as distancias co segundo clasificado, o Arenteiro, a tan só un punto dos redondeláns. Para este partido o Choco recupera a Manuel Hermida, despois de catro partidos sancionado, e por outra banda perde a Isaac. O adestrador, Julio Álvarez, amósase prudente ante o rival, a pesares de ser un dos equipos da parte baixa da táboa. O técnico afirma que, aínda que o Celanova comezou a liga moi irregular, está a mellorar o seu xogo, e de seguro que sairán ó campo cunha motivación extra por enfrontarse ó líder.   Obxectivos   A afección do Choco soña xa co ansiado ascenso, e o certo é que os resultados do equipo dan pé a pensar niso. Á marxe da derrota da pasada xornada en Santa Mariña diante do Cruceiro, os de Julio Álvarez demostraron unha vez máis no campo que loitan ata o final. Trátase dun equipo con grande calidade futbolística, e aínda que o obxectivo oficial desde o inicio da tempada é a permanencia, non se pode evitar pensar en ir máis aló.  O propio técnico recoñece que non van renunciar a nada, aínda que insiste en que a prioridade é salvar a categoría.

Julio Álvarez adestrador
Fálanos do próximo partido co Celanova
Loita polo ascenso
O ténico é prudente aínda que non descarta rematar a liga con opcións

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará