Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela recibe un millón de euros do Plan Anticrise da Deputación

RR_Noticias

O rede de abastecemento de auga e a pavimentación de camiños na Costeira serán as principais actuacións que se acometan con esta partida no noso concello. Soutomaior recibirá 766.000 euros, Fornelos de Montes preto de 629.000 mil e Pazos de Borbén contará cunha partida de 705.000 euros.

A Deputación de Pontevedra contempla no seu Plan Anticrise unha partida de 1.091.558 euros, para Redondela que se destinarán á mellora das infraestruturas de condución de abastecemento no centro do concello e na condución de auga en Chapela, ademais de na pavimentación de camiños na zona de Costeira. O organismo provincial vai investir en total tres millóns de euros que se repartirán entre Soutomaior, Fornelos de Montes, Pazos de Borbén e Redondela, sendo esta última a que máis partida orzamentaria reciba. O Concello de Soutomaior, será o segundo que máis reciba, 766.633 euros, que se destinarán ao levantamento de diferentes muros no municipio, a construción de beirarrúas na baixada a Comboa, a instalación dunha zona de lecer en Alxán e outra en Salgueirón, así como dunha pista de Skate. Unhas actuacións as que temos que sumarlle a reformar da Casa Cultura Soutomaior, a mellorar da seguridade viaria en Ponte Peirao, entre outras.
En Pazos de Borbén, a Deputación investirá 705.314 euros, cos que se financiarán as obras de rehabilitación da antiga Escola Unitaria, a construción dun área recreativa e dunha piscina e a urbanización da Praza do Concello e do Polígono Industrial de Amoedo, que tamén será dotado de beirarrúas, aparcadoiros e novas vías de servizo.
No caso de Fornelos, será o pavillón polideportivo o centro multiusos, e a melloras de camiños en Cimadevila-Calvos, Fornelos, San Mauro, San Vicente, A Laxe, Ventín, Fortovilán e Pardalongas, as actuacións que se acometerán cos 628.819 euros que recolle a Deputación no Plan Anticrese para este concello. Tamén se realizarán obras de saneamento no camiño de Cimadevila-Calvos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará