Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Concentración diante do concello en repulsa da violencia machista

RR_Noticias

Esta tarde celébrase en Chapela unha charla baixo o título “Homes e mulleres loitando contra a violencia” incluída dentro da programación da Concellería de Servizos Sociais e Igualdade organizada en torno ao día contra a Violencia de Xénero que se conmemora mañá. Ás doce do mediodía haberá unha concentración diante da Casa Consistorial

A concellería de Servizos Sociais e Igualdade remata mañá a programación de novembro organizada en torno a conmemoración o 25 de novembro do día contra a violencia de xénero. O último dos actos previstos será a lectura dun manifesto institucional ás doce do mediodía diante da casa consistorial, coincidindo cunha concentración de repulsa aos agresores e de apoio ás vítimas de violencia machista. A lectura correrá a cargo da técnica de normalización lingüística Eva García Rei. As actividades desenvolvéronse tamén nas parroquias e precisamente será en Chapela onde remate o ciclo de charlas impartidas polo preparador físico Jorge González. Baixo o título “Homes e mulleres loitando contra a violencia” as persoas que asisten a estas charlas atopan un escenario común onde compartir experiencias e reflexionar sobre a diferente educación recibida por homes e mulleres e como se reflicte isto nas relacións persoais entre os sexos. A conferencia, que pasou xa polas parroquias de Cedeira e Trasmañó, chega hoxe a Chapela, será ás 19:00 horas no Multiusos do Piñeiral do Crego.

Jorge González
A charla reflexiona sobre a comunicación entrfe os sexos
Punto de encontro
Os asistentes a estas actividades comparte vivencias semellantes

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará