Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Choco, Chapela, Soutomaior e Arcade B o mellor do fútbol local esta xornada

RR_Noticias

O Arcade perdía fronte ao Vilariño por 2-1, en Terceira Autonómica o Santa Mariña vencíalle ao Choco “B” por 1-2 e o Nespereira continúa no último posto do seu grupo despois de perder co Castelao por 0-5.

Rexional Preferente
Choco-Covadonga (1-0) O Choco imponse pola mínima ao cuarto pola cola, o Covadonga. Malia que os choqueiros foron os protagonistas de todo o encontro terían que esperar ata o tempo de desconto para abrir o marcador. Os de Covadonga presentaron un sistema defensivo que non permitiu aos redondeláns, chegar á porta, salvo en contadas ocasións. Sería na segunda parte do encontro cando os xogadores do Choco retomarían o control do partido con máis forza pero sería unha falta no minuto 93 o que lle daría os tres puntos ao Choco no campo de Santa Mariña. Sería un remate de cabeza do redondelán Molinos . Así as cousas o Choco queda na quinta posición con tres puntos, empatado co Arenteiro, o cuarto e o Portonovo, terceiro da categoría. A próxima semana terá a oportunidade de adiantarse a estes tres equipos se lle gaña ao Ribadumia, para o que non debería ter moitos problemas xa que é o terceiro pola cola.
Primeira Autonómica
Vilariño-Arcade (2-1). Derrota este fin de semana para o Arcade que os deixa afundidos nos últimos postos da Primeira Autonómica. Os locais non puideron superar ao Vilariño na súa casa, malia que impuxeron unha férrea resistencia durante todo o encontro e conseguiron reducir a vantaxe do seu rival con un tanto, pero non lle serviu para gañar o encontro, o que os deixa tan só por riba do Arbo, o Caldas e o Poio, o último da categoría. Esta semana terán que preparar un partido moi complicado xa que se enfrontan ao segundo da táboa, o Atios que visitará a nosa comarca.
Segunda Autonómica
Chapela -S Esteban (3-1) O Chapela supera sen dificultade ao último do grupo once da Segunda Autonómica. Os locais non defraudaron e cumpriron as previsións. Malia que os de San Esteban tentaron acurtar distancias os redondeláns non tiveron dificultades para manter a igualdade no marcador e superarala gañando por 3-1 aos visitantes. Unha vitoria que deixa aos locais no cuarto posto con 20 puntos, empatado co terceiro o Sárdoma. A próxima semana non debería ter moita dificultade para situarse nos primeiros postos xunto ao Guardés e ao Caldelas, xa que o seu rival será o Corzáns, o antepenúltimo do grupo, que polo momento só sumou once puntos a súa clasificación.
Terceira Autonómica
A Seca-Cesantes (3-3) O Cesantes suma un punta esta semana despois de empatar fronte a Seca fora da casa. Malia que foron tres os tantos que anotarían os redondeláns non lles servirían para traer ata Cesantes tres puntos. A Seca conseguía igualar o marcador o que deixaba aos locais na quinta posición,  igualado a 22 puntos co Combarro. A próxima xornada terá que enfrontarse cun dos seus rivais directos o Eiriña, dous postos por baixo dos de Cesantes e con cinco puntos menos.
Soutomaior-Marín B (8-1). O Soutomaior continúa imparable. Nova goleada esta xornada fronte ao Marín. As previsións xa o vaticinaban e todos os prognósticos lle daban a vitoria ao Soutomaior, un dos equipos máis fortes do grupo dezaoito. Oito foron os goles que lle anotaron os de Soutomaior ao Marín, que tamén anotarían un gol. Sen dificultade, cun xogo equilibrado, con toque de balón, os de Soutomaior fixeron as delicias dos seus seareiros. Unha vitoria que os sitúa na segunda posición empatado a puntos co Vilaboa, polo que o Soutomaior non desaproveitará a vindeira xornada e tentará converterse en líder fronte ao Salcedo, que será o seu rival. Un equipo que non debería ter moita dificultade en gañar xa que é o décimo terceiro da categoría tan só por riba do Marín e o Pesqueiras.
Praderrei- Arcade “B” (2-4) O Arcade conseguiu remontar esta xornada dous goles en contra do Praderrei. O filial do Arcade non se deu por vencido en ningún minuto do partido, así malia que o Praderrei abrir o marcador e conseguiu unha vantaxe de dous goles o Arcade remontarían e finalmente conseguiría anotar catro tantos. Así as cousas os de Soutomaior sitúanse no sexto posto da categoría con dezanove puntos. A próxima semana enfrontaranse ao cuarto o Moaña.
Choco “B”- Santa Mariña (1-2) Peor sorte correu o filial do Choco quen non puido gañarlle ao Santa Mariña. Malia chegar ao descanso co marcador igualado a un tanto, os redondeláns baixaron a garda e o Santa Mariña, aproveitaría varios despistes dos locais para adiantarse e sumar tres puntos a súa clasificación. Unha derrota que os deixa no posto sétimo, coa mesma puntuación que o Lavadores e o Casablanca, dezanove puntos. O Matamá será o seu próximo rival. Un encontro difícil xa que son un dos equipos forte do grupo 20, encabezando a clasificación xunto ao Coia e o Pereiro.
Nespereira-Castelao (0-5) O Nespereira non é quen de erguer cabeza e segue na última posición do grupo 22. Esta semana tiña que encaixar unha goleada do Castelao que lle marcaba cinco goles na casa dos locais. Sen case resistencia, co dominio do xogo desde o primeiro momento o Castelao non desaproveitou os erros dos locais e lle anotaba cinco goles sen case resistencia. Así as cousas o Nespereira é o último da táboa con tres puntos e a próxima xornada enfrontarse co sexto o Liréns.
 
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará