Hoxe é Martes 23 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG acusa ao PP de “vampirizar” a xestión do Centro de Día

RR_Noticias

Os nacionalistas aseguran que o futuro centro asistencial de Redondela é resultado das políticas realizadas pola Consellería de Benestar do goberno bipartito “como demostra o feito de que a licitación da obras se publicara no DOG antes das elección autonómicas”.
 

Lembran dende o BNG que a licitación das obras do Centro de Día, que se van realizar en Cesantes e que darán servizo a uns 40 usuarios, publicárase no Diario Oficial de Galicia, con orzamentos e prazos pechados, antes das eleccións de marzo e que o remate final da obra é “o cumio da xestión realizadas durante os últimos tres anos entre o goberno municipal e a anterior vicepresidencia da Xunta de Galicia”.
Para o Bloque as declaracións do PP nas que agradecían ao goberno de Núñez Feijoo que realizase as obras do centro do día “demostran máis unha concepción servil da política e do goberno, baseada nos favoritismos e no secuestro de vontades, que na prestación de servizos aos que temos dereito, xa que pretenden por aos pés do presidente da Xunta a todos os futuros usuarios/as”.
Pregúntanse ademais si no PP de Redondela se recoñece que este era un servizo básico para o concello “como foi que durante os dezaseis anos do goberno Fraga non se fixo nada para que fora creado”.
O BNG local valora positivamente a licitación das obras pola relevancia que o Centro de Día ten para os cidadáns de Redondela pero tamén de toda a comarca e asegura que este centro é “resultado das políticas postas en marcha pola Consellería de Benestar, no goberno bipartito que aumentaron sensiblemente os orzamentos en materia de servizos sociais” mentres hoxe en día “dende o PP estase a facer unha política de recortes que pretende desmantelar uns servizos públicos e de calidade”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará