Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Desigual sorte para os equipos que militan en primeira nacional

RR_Noticias

O Canario conserva o liderato pese a caer ante o Puerto de la Cruz e a Sar non defrauda aos seus seguidores cunha vitoria ante o Gaeva Bueu nun encontro disputado na Bomboneira de Redondela.

Unha discutible actuación arbitral e un menor acerto impediron que o Canario se puidese traer os puntos en xogo no encontro disputado en Canarias o pasado sábado. Os de Chapela non foron quen de vencer aos locais, o Puerto de la Cruz, equipo que se impuxo no marcador cun resultado final de 30 tantos a 25.
O Canario a vindeira fin de semana xogará en Chapela e tentará manter o liderato cunha vitoria ante o Cafes Toscaf.
Cambiáronse as tornas e a Sar si acadou unha merecida vitoria. Un encontro disputado na Bomboneira onde se chegou aos últimos minutos do partido cun apertado marcador que finalmente foi favorable aos locais. De feito a Sar venceu por 26 tantos a 24.
Con todo os afeccionados viviron momentos de tensión. Si ben na primeira parte do encontro o dominio da Sar foi indiscutible as cousas mudaron logo do descanso. Rematou a primeira parte cun marcador de 15-7 a favor dos redondeláns, que parece perderon forza no descanso xa que na segunda parte o Gaeva Bueu conseguiu remontar. Finalmente os da Sar lograron salvar a vitoria
Na vindeira semana a SAR desprázase a Asturias para se medir cun rival difícil, o Base Oviedo, segundo da categoría e empatado a puntos co Catering canario.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará