Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O alcalde cambia a data do pleno para evitar unha protesta convocada pola Plataforma

RR_Noticias

A sesión plenaria que de xeito ordinario celébrase o último mércores de casa mes está convocada para mañá martes ás 20:30 horas. A plataforma cidadá convocara un magosto n praza do concello para o mércores ás oito da tarde.
 

A voceira do PP, Francisca Canal asegura que o alcalde, Xaime Rei convocou aos portavoces dos partidos cun único punto dentro da orde do día: o cambio de data do vindeiro pleno. Asegura a edil popular que a única explicación do alcalde foi que “para a xornada do mércores 25 está prevista unha manifestación, polo que cría convinte celebrar a sesión outro día co fin de non atoparse con eles”
Canal entende que con este comportamento o rexedor local está a “amosar a súa incapacidade para xestionar os problemas da vila, agochándose dos veciños, sen dar a cara antes as posibles dificultades e inquedanzas destes”. Neste sentido, a portavoz popular insta a Xaime Rei a que convoque o pleno para o mércores, día habitual, e “se enfronte aos verdadeiros problemas que están a sufrir os veciños, atendendo as súas demandas e non deixándoos de lado, fuxindo da realidade”.
Lembra ademais que estes cambios nas datas dos pleno provocan trastornos nas axendas dos concelleiros e neste caso non está xustificado.
Magosto
A plataforma cidadá anunciou a pasada semana a celebración dun magosto o mércores 25 ás 20:00 horas na praza do concello. Un acto co que volvía convocar a todas as persoas e colectivos que estean interesados no problema da autovía para intercambiar información sobres as últimas novidades ao respecto así como de futuras actividades  desenvolver.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará