Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PP reclama no congreso a restauración do viaduto

RR_Noticias

Solicitan financiamento do Estado para acometer as obras de rehabilitación nunha “infraestrutura histórica” que se atopa notablemente deteriorada

Os deputados do PP pola provincia de Pontevedra Ana Pastor, Jesús Pérez Arca y María Ramallo, presentaron unha Proposición Non de Lei no Congreso para instar ao goberno á restaurar o viaduto de Redondela. Argumentan a súa petición no feito de que se trate dunha “infraestructura histórica e a un tempo necesaria”.
Os populares presentaran xa unha emenda os ornamentos do Estado con este fin, aínda que a iniciativa non prosperou porque  “PSOE e BNG opuxéronse e impediron que esta vella reivindicación puidera cumprirse”
Por este motivo deciden agora presentar este Proposición non de lei para conseguir financiamento do Estado para que a ponte poida ser restaurada.
En concreto, os deputados populares de reclaman a Patrimonio do Estado que acometa a reparación do viaduto ferroviario do século XIX que segundo subliñan atópase nun estado lamentable dende hai moitos anos, “máxime tendo en conta que no mes de maio producíronse desprendementos que provocou o posterior valados da zona para evitar perigos”. Lembran que posteriormente tamén foi necesario colocar unha rede protectora arredor da estrutura debido á súa precaria situación.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará