Hoxe é Xoves 16 de Setembro de 2021

Dous detidos en Redondela

RR_Noticias

Os dous homes, de 26 e 31 anos de idade, están acusados de delitos contra a seguridade do tráfico e atentado contra a autoridade por agredir aos axentes da Policía Nacional que tentaron detelos logo de cometer varias infraccións ao volante
 

Axentes da Policía nacional detiveron a F.S.P.,  de 26 anos e  a JM. S.P., de 31 acusados de varios delitos contra a seguridade do Tráfico, Atentado e Desobediencia á autoridade.
Os feitos producíanse na tarde do domingo cando unha patrulla da Policía Nacional que circulaba pola estrada do aeroporto atopouse con outro vehículo Fiat Brava que pretendía adiantalos rebasando as liñas continuas.
Unha vez o conseguiron e a pesar das sinais feitas pola policía para que se detiveran, os ocupantes do vehículo situáronse en paralelo e deron un volantazo desprazando violentamente o vehículo policial que se viu obrigado a frear bruscamente para evitar unha colisión contra un muro.
Finalmente, logo de pasar Por Cedeira e o Camiño do Cristo o turismo foi interceptado e o condutor detido, quen reaccionou golpeando de dando patadas aos funcionarios que tiveron que ser atendidos das lesións.
Ao condutor, a quen lle constan tres detencións anteriores, realizáronlle as probas de alcoholemia que deron resultado positivo polo que foi detido acusado dun delito contra a seguridade do tráfico e atentado e danos á autoridade.
Tamén se detivo ao acompañante por un delito de resistencia e desobediencia á autoridade
Os dous detidos pasaron a disposición do Xulgado número 1 de Redondela

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
LinkedIn
Share on pinterest
Pinterest
Share on whatsapp
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *