Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Adxudicadas as obras do Centro de Día de Redondela

RR_Noticias

O centro, que ofertará corenta prazas -trinta de atención de día e 10 residenciais- podería estar en funcionamento a mediados do 2011  

  A empresa Construcciones Conde S.A. será a encargada de realizar os obras do Centro de día de Redondela, logo de que os traballos foran xa adxudicados pola Consellería de Traballo e Benestar. Os responsables municipais confían en que as obras comecen de inmediato e que o centro, que ofertará corenta prazas, trinta de atención de día e dez residenciais, poida estar en funcionamento a mediados do 2011, xa que a adxudicación por valor de 1.667.742 euros conta cun prazo de execución de 16 meses. O futuro centro instalarase nun solar de 3.300 metros cadrados nas inmediacións do peirao de Cesantes. A actuación fora xestionada xa dende a Vicepresidencia de Igualdade e benestar que dirixía Anxo Quíntana, sen embargo un problema urbanístico obrigou a reformar o proxecto e a pospoñer a adxudicación das obras.

Rosa costas
A concelleira falaba dos servizos que ofertará este centro

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará