Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cine documental coa proxección dos títulos “Home” e “Os respigadores e a respigadora”

RR_Noticias

A asociación de consumo responsable Loaira organiza un Ciclo de Cinema Documental sobre o consumo cuxo obxectivo é mover á reflexión e á acción critica sobre as diferentes formas de consumo. A primeira das proxeccións será o mércores 18 ás 20:30 horas no Multiusos  

A asociación Loaira ven actuando como punto de distribución de alimentación ecolóxica para os seus asociados, poñendo en contacto directo aos consumidores e aos produtores. Deste xeito promoven un consumo responsable, que teña en conta ao produtor e ao medio ambiente. Nun intento de chegar a un sector máis amplo da sociedade poñen en marcha agora un ciclo de cinema documental que pretende mover á reflexión e á acción crítica sobre as diferentes formas de consumo. Loaira considera que é necesaria unha labor de concienciación crítica que faga cuestionarse ao conxunto da sociedade o modelo de consumo no que actualmente vivimos. Dentro do ciclo inclúense precisamente dous títulos que ofrecen elementos de análise sobre o noso modelo e nos presentan alternativas de consumo A primeira das películas proxectarse mañá mércores ás 20:30 horas. Trátase do filme “Home” de Yann Arthus-Bertrand (2009), unha longametraxe que alerta sobre o noso impacto na Terra. O documental mostra a súa capacidade de sorpresa e preocupacións. O xoves 3 de Decembro proxectarase o filme “Os respigadores e a respigadora” (2000) de Anges Varda. A cinta trata sobre unha serie de respigadores que procuran comida, trapallada e diversos obxectos de refugallo. A cámara de Varda percorre diferentes historias tanto do rural como da cidade mostrando un universo oculto dun estilo propio e directo.

Luciano Otero
Dende Loaira promoven o consumo responsable e a reflexión crítica
Home
A película alerta sobre o noso impacto na terra

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará