Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Obradoiro de erótica feminina en Soutomaior

RR_Noticias

Profesionais do centro Quérote impartirá este obradoiro que ten por obxectivo contribuír ao coñecemos da sexualidade feminina. Impartirase o xoves ás 17:30 horas no Multiusos de Arcade  

O Concello de Soutomaior organiza dentro das actividades organizadas no programa “O Punto” de Información e asesoramento afectivo-sexual, un obradoiro de erótica feminina, que estará impartido por profesionais do Centro Quérote. Realizarase o vindeiro xoves día 19 de Novembro , as 17:30 horas no Centro Multiusos de Arcade. O Obradoiro ten coma principais obxectivos crear un espacio de conversa e reflexión sobre a sexualidade e a erótica feminina, contribuír ao coñecemento da sexualidade do xeito máis pracenteiro e satisfactorio e explorar os distintos canles sensitivos e as potencialidades da erótica feminina. O obradoiro é de caracter gratuíto e aínda conta con prazas dispoñibles. Para máis información  CIM 986701227 Concurso de carteis Por outra banda, tamén o xoves remata o prazo de presentación de traballos para participar no IV concurso de carteis que convoca o CIM con motivo do ” Día internacional da non violencia contra as mulleres “. Poden participar no mesmo os alumnos de 3º e 4º da ESO dos centros educativos de educación secundaria de Soutomaior: o Padín Truiteiro (Arcade) e o Santiago Apóstol. Os participantes optarán a tres premios consistentes nun MP4. Os carteis exporanse posteriormente no Multiusos de Arcade.

Noa Tilve centros Quérote
O obradoiro pretende ser un lugar de encontro

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará