Hoxe é Venres 11 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Dous incendios queiman oito trasteiros dun inmoble de Vilavella e deixan sen luz ao Mercado

RR_Noticias

O último dos lumes obrigaba a desaloxar durante dúas horas o bloque número un de Vilavella, que quedou sen luz, gas nin auga, o segundo deixaba ás escuras á praza de Redondela durante parte da mañá.

O incendio de Vilavella orixinábase no número un pouco despois das once desta mañá. As lapas estendéronse polos trasteiros do inmoble ocasionando importantes danos materiais en oito deles. A policía científica está a investigar a causa que orixinaron o lume aínda que a primeira hipótese que se barralla é un curtocircuíto nunha lavadora. O fume e o fogo obrigaron a desaloxar o edificio ata as 14.00 horas, momento en que os servizos de Protección Civil de Redondela, así como os Bombeiros de Vigo remataron os labores de extinción. Os residentes do bloque quedaron sen subministro de gas, auga e electricidade durante a mañá, a partir das 14.30 horas restablecíase o abastecemento de gas e auga, segundo o Grumir de Redondela, e pola tarde os técnicos electricistas esperaban reparar a avaría causada no sistema eléctrico do edificio, aínda que apuntaban, que debido aos danos, o mellor, ata mañá venres non se podía restablecer. Nos traballos de extinción participaron os Bombeiros de Vigo, o Grumir de Redondela, así como a Policía Local e Nacional, que están a investigar as causas do incendio.
Lume no mercado de Abastos
O outro incendio orixinábase na madrugada de hoxe no mercado de Abastos de Redondela. Un veciño alertaba aos servizos de emerxencia ás cinco da madrugada logo de detectar fume no interior do edificio do mercado que saía cara o exterior. Os axentes, cando chegaron ao lugar, atoparon un pequeno lume nun cuarto onde se atopa o cadro de contadores, que teríase producido por un curtocircuíto. O lume, malia ser de pouca relevancia, causou unha avaría importante no sistema eléctrico que deixou sen subministro aos comerciantes durante boa parte da mañá. O abastecemento quedaba restablecido ao mediodía de hoxe.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará