Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Novas Xeracións denuncia a aprobación dunha taxa para uso do local de ensaio

RR_Noticias

Os mozos que queiran usar o local de ensaio, situado nas antigas escolas de Redondela, deberán abonar en breve unha taxa para poder desenvolver alí os seus ensaios. Unha medida que foi aprobada no último pleno municipal e que supón que cada grupo que faga usos das instalacións deberá unha taxa anual de 20 euros.

Unha cantidade mínima -20 euros anuais- que ao entender da agrupación xuvenil do PP está “destinada unicamente a prexudicar as actividades culturais que desenvolve a mocidade da nosa vila”
O local de ensaio situado nos baixos das antigas casas de mestres era de acceso gratuíto ata o de agora e, segundo explican dende Novas Xeracións, así debería continuar polo que esixen ao goberno local que elimine de inmediato esta taxa.
O PP cualifica de “intolerable que, unha vez máis, sexan os mozos as vítimas dun goberno incompetente que, por unha banda, impón taxas onde non debería impoñelas e, por outra, gasta diñeiro público en cuestións que non lle competen” facendo referencia ao pago, con cartos da Concellería de Normalización Lingüística, de autobuses para participar nas manifestacións celebradas en Santiago en defensa do idioma galego.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará