Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Obradoiro de supervivencia para xente nova no Centro Recreativo

RR_Noticias

Aprenderáselles aos asistentes a distribuir e compartir as tarefas domésticas e impartiranse nocion básicas de cociña, limpezas e pasar o ferro

Os luns 2 e 9 de novembro desenvolverase no Centro Recreativo de Redondela en horario de 18:00 a 21:00 horas un obradoiro de supervivencia orientado a mozos de idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos.
No mesmo aprenderáselles aos asistentes a distribuír o tempo nas tarefas do fogar, a compartir a responsabilidade dentro da vivenda e nas diferentes tarefas domésticas así como nocións básicas de cociña, limpeza e pasar o ferro.
Unha actividade organizada pola concellería de servizos sociais e igualdade en colaboración co Servizo Galego de Igualdade.
As persoas interesadas en participar poden anotarse no teléfono 986 40 26 08

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará