Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Adultos e cativos viven o Samaín en Soutomaior

RR_Noticias

Actividades para os cativos no Pavillón de A Montesiña e Festa de Halloween nos bares e restaurantes de Arcade. Seis locais únense para animar a noite do Samaín con agasallos para os que vaian disfrazados

Os cativos de Soutomaior tamén poderán gozar do Samaín con xogos e obradoiros a partir das 18:00 horas no Pavillón de A Montesiña. Haberá obradoiros de maquillaxe, decoración de cabazas, talla de caveiras, elaboracións de apócemas e beberaxes e tamén unha parte gastronómica coa elaboración de chulas de cabaza. Os pequenos poderán achegarse ao pavillón a partir das seis e participar tamén en xogos celtas e xogos populares. Xa para concluír a xornada á 21:30 haberá un conxuro.
E mentres dende o concello propoñen actividades para os cativos os bares e restaurantes da zona únense nun intento de animar a vida nocturna de Arcade. Será na noite de mañá cunha Festas de Halloween colectiva na que participan seis locais de copas e restauración que agasallarán con diferentes premios aos que se acheguen aos seus locais axeitadamente disfrazados para a ocasión.
Participan a Pinchoteca raíces, o restaurante A Tapita, a cervecería O’Xa, o pub A Cantina e os locais Ruta 69 e Guantánamo. Cada un deste establecemento ofertará á súa clientela consumicións gratuítas e a posibilidade de participar en diferentes sorteos, eso si, requisito imprescindible ir disfrazados.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará