Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

IV Concurso fotográfico do obradoiro de Estudos Locais Fernando Monroy de Cesantes

RR_Noticias

O obradoiro de estudos locais Fernando Monroy de Cesantes organiza a IV edición do seu concurso fotográfico co obxectivo de incentivar a actividade fotográfica sobre o entorno potenciando a súa difusión e coñecemento.

O obxectivo desta iniciativa é promover actividade fotográfica con instantáneas da parroquia. Os interesados deberán presentar os seus traballos antes do 23 de novembro. Poden participar no concurso todas as persoas que así o desexen e optarán a un premio de 300 euros para a mellor fotografía así como un primeiro premio de 100 euros para cada categoría.
Para ter máis información pódese consultar a páxina web da asociación www.estudoslocais.org
O Obradoiro de Estudos Locais Fernando Monroy é unha asociación cultural fundada en Cesantes (Redondela) o día 11 de marzo de 2005. O nacemento do Obradoiro pretende a axeitada continuación do traballo social iniciado por Fernando Monroy Sobral a prol do pobo de Cesantes, promovendo o desenvolvemento cultural na parroquia e na súa área de influencia.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará