Hoxe é Domingo 10 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Tres puntos para o fútbol local esta xornada

RR_Noticias

O único equipo que non conseguía gañar era o Arcade, en Primeira Autonómica, que perdía fronte o Grove por dous tantos a cero

 
Preferente Sur
Choco-Nogueira (1-0). O Choco suma tres puntos de gañar ao Nogueira por 1 a 0. Apoiado por máis de 150 seareiros no campo de Santa Mariña, os redondeláns non defraudaron e conseguiron sumar unha nova vitoria ao seu marcador, pero sen facer un bo xogo. Non o tiveron moi complicado xa que o Nogueira limitouse a tentar que os redondeláns non anotaran. O encargado de sumar o único tanto do partido foi o choqueiro Molinos no minuto 55. Un resultado que deixan aos locais na metade da táboa, no posto número dez. A próxima xornada xogará contra o Bahía, un dos seus rivais directos, situados na sétima posición con tan só un punto menos que o Choco.
Primeira Autonómica
Grove-Arcade (2-0). O Arcade corría peor sorte e perdía contra o Grove, o sexto clasificado por 2-0. Os do Grove foron moi superiores durante os noventa minutos do encontro, mentres que os de Arcade non tiveron moito acerto nos seus lanzamentos a portería. Deste xeito, os locais queda nos últimos postos da categoría, no quinto posto pola cola. A vindeira semana tampouco o terán moi sinxelo xa que o seu rival será o Gondomar, que se atopa un posto por riba dos locais e cun punto máis.
Segunda Atuonómica
Candeán-Chapela (2-3). Xornada de goles en Candean, campo que visitou esta semana o Chapela, que conseguiu sumar tres puntos ao seu marcador despois de imporse por 2-3. Tres goles que lles permiten aos de Chapela situarse entre os primeiros da categoría, na quinta posición, tan só por baixo do Guardés, Caldelas, Nieto e Louro, con 14 puntos. A próxima xornada terá a oportunidade de continuar gabeando pola clasificación xa que o seu rival será o S. Miguel, o terceiro pola cola, que polo momento só foi quen de sumar sete puntos no que vai de liga.
Terceira Autonómica
Verducido-Cesantes (2-4). O Cesantes é terceiro da categoría despois de imporse ao Verducido. Xornada de goles no campo do Verducido. Seis en total, catro deles anotados polo Cesantes, que continúa demostrando o seu bo estado nesta temporada. 2-4 foi o resultado final do encontro que deixa aos locais no terceiro posto, tan só por baixo do Figueirido, cun punto máis, e a Estación, empatado a 15 puntos co Cesantes. E precisamente, con este equipo será co que teña que xogar a próxima xornada, unha boa oportunidade para demostrar que o Cesantes está sendo un dos grupos máis fortes do grupo dezasete de Terceira Autonómica.
Soutomaior-Pesqueiras (10-0). Moito mellor lle foi ao Soutomaior, que segue sendo un dos rivais máis temidos do grupo 18. Se a pasada semana lle anotaba cinco tantos ao Pontevedra, esta non foi menos. O dobre. Dez goles foi os que marcou o Soutomaior fronte ao Pesqueiras, o último da categoría. Unha vitoria, que lle permitiu subir na clasificación un posto, ata o segundo lugar, superando ao Moaña e a tan só a un punto do líder o Bahía. A próxima xornada podería converterse en líder se lle gaña ao Vilaboa, e a priori, non debería ter moitas dificultades, xa que é o sexto da categoría.
Arcade-Salcedo (1-0)Nada mal lle está indo tamén ao Arcade que se impuña ao Salcedo, por 1-0. Tres puntos os que suma ao seu marcador que o deixan cuarto da categoría con 15 puntos. A próxima xornada o seu rival será o Beluso, con tres puntos menos que os locais e tres postos por baixo.
Choco-Vilar (3-2) O Choco tamén continúa nos primeiros postos do grupo vinte, despois de gañarlle ao Vilar, por 3-2. O empate do Coia, líder da categoría, non lles permitiu aos choqueiros encabezar a clasificación. Malia todo o poderían conseguir a próxima xornada xa que xogarán contra o cuarto pola cola, o Candeán.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará