Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Avanza o proxecto Marisma coa adxudicación do paseo peonil da Portela

RR_Noticias

A adxudicación do proxecto, por valor de 776.000 euros, realizarase no prazo de dez días logo de que xa se pechara o concurso ao que se presentaron un total de 16 empresas. O paseo á Portela completarase cunha zona peonil que rodeará a depuradora e a ocultará tras unha pantalla vexetal

O alcalde de Redondela, Xaime rei, entende que esta é unha das actuacións máis importantes das enmarcadas dentro do proxecto marisma, xa que permitirá aos veciños pasear por unha pasarela de madeira perfectamente integrada no espacio dende a depuradora de A Marisma ata Punta Socorro na Portela. Este paseo, de un quilómetro de lonxitude, terá a súa continuación con outro de menor tamaño que rodeará a depuradora e a ocultará tras unha pantalla vexetal Esta obra, cun custe de 250.000 euros executarase no primeiro semestre do vindeiro ano, tras rematar os traballos de construcción do paseo da Portela. O proxecto Marisma inclúe diversas actuación encamiñadas a preservar a recuperar a desembocadura dos ríos Alvedosa, Pexegueiro e Maceiras así como a zona da Marisma coa rehabilitación das dotacións existentes. Nese sentido xa se acometeu a reforma do pavillón, que consistiu na adecuación da pista e da cuberta así como unha recuperación integral do aspecto exterior. Unha actuación que foi criticada por un grupo de pais de xogadores das categorías inferiores dos equipos de balonmáns por non terse acometido ningunha mellora nos vestiario do pavillóns. Respecto destas críticas, o rexedor local asegurou que “non se cambiaron os baños porque están en perfecto estado, e non se vai tirar algo que está novo”.

Xaime Rei alcalde
A obra do paseo será adxudicada no prazo de 10 días
Críticas ao pavillón
O rexedor local asegura que os vestiarios non se cambiaron porque están en perfecto estado

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará