Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un incendio provocado en Chapela causa danos nunha cafetería e na fachada dun edificio

RR_Noticias

O lume, que se producía na madrugada do domingo, afectou á cafetería Eiki na Avenida de Redondela. A pesar de que as lapas foron extinguidas rapidamente por Bombeiros de Vigo os danos ascenden a 5.000 euros

 
A policía investiga un incendio que se producía na madrugada do domingo nun local da Avenida de Redondela, preto do centro de saúde de Chapela. O lume comezou no exterior da cafetería Eiki, onde supostamente os autores do incendio prenderon lume a unhas 90 cadeiras e mesas de plástico que se atopaban amoreadas no exterior do establecemento. O lume devorou o mobiliario, o toldo da cafetería e afectou tamén á fachada do inmoble.
Os danos non foron maiores grazas a que unha muller que transitaba polo lugar alertou aos bombeiros do feito, quen actuaron rapidamente extinguindo as lapas. Nas labores de extincións participaron ademais dos bombeiros de Vigo, unha patrulla da Policía Local e a Policía Nacional.
O propietarios da cafetería estiman que os danos ascenden a 5.000 euros
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará