Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Desigual resultado no balonmán local, vitoria do Canario en Asturias e derrota da Sar en Canarias

RR_Noticias

O equipo de Chapela vence por 30-21 ante o Xixón e a Peguform SAR  cae ante o Puerto de la Cruz (29-26)

O Canario Cathering demostrou novamente esta fin de semana o bo estado de forma do equipo cunha vitoria contundente ante o Xixón por 30 tantos a 21.
Os de Teixeira conseguiron resolver o partido nada máis comezar e en tan só dez minutos demostraban a súa superioridade cun contundente 8-2. Nesa liña continuou o encontro onde o equipo asturiano, a pesar de contar con xogadores de calidade, non logrou remontar.
Chapela logo desta nova vitoria sitúase no segundo posto da táboa e tentará defender esta posición na vindeira semana na súa visita á casa do cuarto clasificado, o Atlético Novas
Peguform Sar
Peor sorte correu a Sar, o equipo redondelán non foi quen de superar ao Puerto de La Cruz na súa visita a Canarias. O resultado foi bastante igualado pero os tres tantos por riba dos locais impiden á Peguform levarse algún positivo do encontro. O partido finalizou co marcador de 29 tantos a 26 a favor dos isleños.
A SAR mantense na metade da táboa, concretamente no oitavo posto, e na fin de semana recibirá na Bomboneira ao último da categoría, o Covadonga
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará