Hoxe é Domingo 8 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os técnicos estudaran fórmulas para minimizar os efectos das inundacións na Praza da Constitución

RR_Noticias

O alcalde Xaime Rei afirma que “ante unha tromba de auga pouco se pode facer”,  pero asegura que na reunión que vai ter mañá cos responsables de Aqualia e os técnicos municipais, tentarán “buscar unha solución para minimizar as consecuencias que as fortes precipitacións causan na céntrica Praza”
 

O alcalde de Redondela, Xaime Rei reunirase mañá con técnicos municipais e con responsables de Seragua para tentar buscar fórmulas que minimicen as inundacións que se producen na praza da Constitución. A reunión celebrarase ás 11:00 horas.
O obxectivo é adoptar medidas que eviten ou, cando menos, diminúan os problemas que se producen  na céntrica praza e que afectan directamente aos comercios e bares que se atopan na zona.
Con todo, Xaime Rei entende que non hai unha solución definitiva xa que, segundo dixo “é normal que cando hai unha tromba de auga, como a desta fin de semana ou a do pasado día 5, as canalizacións non dean abasto para absorber tanta cantidade”. Un problema que aínda se agrava cando esas fortes precipitacións coinciden con marea alta.
 Lembramos que Redondela foi un dos municipios máis afectados polas chuvias do sábado, xornada na que caeron 36 litros por metros cadrado en tan só dúas horas. Isto provocou que se repetise a xa habitual imaxe da praza da Constitución completamente anegada.
A rápida intervención do Grumir local, permitiu desatascar os sumidoiros da praza e en pouco mai de media hora a situación normalizouse.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará